9
Nov

Quantum IberIA International Conference 2026

FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Santiago de Compostela

Engadir ao calendario

Título: Quantum_Iber_IA International Conference 2026
Data: 9 e 10 de novembro
Lugar de celebración: FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Santiago de Compostela

Esta conferencia reunirá especialistas para explorar os avances e as oportunidades que xorden da combinación da intelixencia artificial coas tecnoloxías cuánticas, con sesións dedicadas a:

  • Intelixencia artificial: modelos de linguaxe, RAG, redes neuronais e IA en galego.
  • Quantum + IA: aprendizaxe automática cuántica, optimización e algoritmos cuánticos.
  • Comunicacións cuánticas: redes de distribuición cuántica de claves (QKD).
  • Computación cuántica: algoritmos, emulación a través de computación de alto rendemento (HPC) e o procesador cuántico Qmio.

O programa inclúe tamén relatorios de especialistas convidados do HiTZ Zentroa (EHU) e do Quantum Flagship, sesións de pósters, unha visita ao CESGA e unha cea do congreso.

Consulta o programa e fai a túa inscrición aquí (as prazas son limitadas, cunha capacidade máxima de 105 participantes):

O Quantum_Iber_IA está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.