I Congreso Nacional de Innovación Local
3 de Decembro
Título: I Congreso Nacional de Innovación Local
Data: 3 e 4 de decembro de 2026
Lugar de celebración: Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
No marco da aposta da Xunta de Galicia pola innovación local, celébrase este encontro que reunirá na Cidade da Cultura de Galicia representantes das administracións locais, centros de coñecemento e empresas de toda España para compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas que contribúan a impulsar a innovación nos municipios.
Para elo, contarase coa participación de expertos de referencia que abordarán cuestións como a planificación estratéxica e como estimular a innovación local, o Índice Local de Innovación como ferramenta de medición, a sustentabilidade, a innovación rural e urbana ou a compra pública de innovación.
O formato das xornadas combinará relatorios, mesas redondas, faladoiros e sesións de traballo arredor da innovación local na procura de novas solucións para os retos que cómpre afrontar. Así mesmo, o congreso incluirá un espazo para presentar proxectos e acollerá a entrega dos Premios á Innovación Local, que recoñecen iniciativas desenvolvidas por concellos e entidades locais.