21
Out

Evento de lanzamento do proxecto EQUIVALEMT: Impulsando a cuántica dende as rexións europeas

Centro Galego de Arte Contemporánea

Engadir ao calendario

Título: Evento de lanzamento do proxecto EQUIVALEMT. Impulsando a cuántica dende as rexións europeas.
Data: mércores 21 de outubro de 2026
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Lugar de celebración: Centro Galego de Arte Contemporánea. Rúa de Ramón del Valle Inclán, 2. Santiago de Compostela

Galicia acollerá o evento de lanzamento do proxecto europeo EQUIVALEMT, financiado polo programa Horizonte Europa da Comisión Europea. Será ocasión para presentar o Val Europeo da Innovación en Tecnoloxías Cuánticas, unha iniciativa liderada pola Axencia Galega de Innovación na que participan 19 entidades de 9 países europeos e que conta cun orzamento de 14,3 millóns de euros.

O proxecto ten por obxetivo construír o Val Europeo da Innovación Cuántica, co propósito de impulsar o desenvolvemento de aplicacións avanzadas e casos de uso de alto impacto das tecnoloxías cuánticas, aproveitando os avances acadados nestas tecnoloxías. Os vales de innovación rexional son unha iniciativa da Unión Europea destinada a conectar ecosistemas rexionais de innovación en Europa co obxectivo de fortalecer a cooperación entre rexións para impulsar a innovación en áreas estratéxicas, especialmente en tecnoloxías avanzadas.

Un elemento clave do proxecto van ser os instrumentos de financiamento para terceiros, aos que se dedicará unha parte importante do orzamento e que permitirán apoiar proxectos de startups, pemes ou entidades de coñecemento das rexións participantes mediante convocatorias competitivas abertas para desenvolver aplicacións de tecnolóxicas cuánticas.

Se a túa entidade está interesada en explorar as oportunidades e aplicacións das tecnoloxías cuánticas á investigación, a industria e a sociedade, anótate nesta xornada.