Infoday convocatorias CL4: Industria e Dixital
6 de Novembro
Título: Infoday convocatorias CL4: Industria e Dixital
Data: venres 06 de novembro de 2026
Horario: de 10:00 a 12:00 h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)
O vindeiro 06 de novembro, a Axencia Galega de Innovación organizará unha xornada de presentación das convocatorias do Clúster 4 do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026.
A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Enrique Pelayo, Punto Nacional de Contacto do CDTI para Dixital e Carlos Toledo, Punto Nacional de Contacto do CDTI para Industria, que ademais de presentalas en detalle manterán reunións bilaterais coas entidades interesadas.