Infoday convocatorias CL4: Industria e Dixital
6 de Novembro
Título: IA para a Transferencia de Coñecemento
Datas: martes 27 e mércores 28 de outubro de 2026
Horario: de 09:15 a 18:30 h
Lugar de celebración: FEUGA, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Data límite de inscrición: 15 de outubro de 2026 ás 14:00 h
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia impulsa esta nova acción formativa “IA para a transferencia de coñecemento” no marco do Programa Ignicia, dirixida a reforzar as capacidades dos profesionais da valorización e comercialización de resultados de investigación mediante un uso estratéxico, seguro e ético da intelixencia artificial.
Este curso presencial, de 15 horas de duración, aborda a aplicación da IA artificial como ferramenta de apoio á actividade profesional, con especial atención á IA xerativa, á automatización de fluxos de traballo, á validación de resultados, á privacidade e protección de datos, á propiedade intelectual, á ética e á gobernanza. A formación permitirá tamén coñecer criterios para desenvolver políticas de IA nas organizacións e analizar o seu impacto nos perfís profesionais e nas oficinas de transferencia de coñecemento. A formación combinará demostracións, exercicios prácticos e casos específicos para facilitar a aplicación destas ferramentas aos procesos de transferencia de coñecemento.
Este curso está acreditado pola Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) e proporciona 15 puntos para a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional (RTTP).
O número de prazas é limitado e o curso impartirase integramente en inglés. Terán prioridade de acceso os profesionais de valorización e transferencia de coñecemento en proceso de acreditación, así como os profesionais xa acreditados.
Para calquera consulta pode contactar no enderezo electrónico: ignicia.gain@xunta.gal