Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia
28 de Outubro
Título: Transferencia de Coñecemento e Interacción co Sistema de I+D+i
Datas: venres 2, 9 e 16 de outubro de 2026
Horario: sesións de mañá de 09:30 a 15:00 h os días 2 e 16 de outubro, e de 09:30 a 14:00 h o día 9 de outubro
Lugar de celebración: FEUGA, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Data límite de inscrición: 23 de setembro de 2026 ás 14:00 h
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia organiza unha nova edición do curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i», no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.
Esta acción formativa está dirixida a persoal investigador posdoutoral e contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoal investigador e tecnólogo de centros tecnolóxicos.
Ao longo do curso abordaranse diferentes aspectos relacionados coa transferencia de coñecemento, a colaboración e o financiamento de actividades de I+D+i, a valorización dos resultados da investigación e a súa comercialización. A formación permitirá tamén coñecer mellor o funcionamento do Sistema Galego de Innovación e as ferramentas dispoñibles para favorecer a conexión entre o ámbito científico e o tecido socioeconómico e produtivo.
A actividade, gratuíta e cunha duración total de 15,5 horas, desenvolverase en tres sesións presenciais en horario de mañá. O obxectivo é proporcionar ao persoal participante coñecementos e recursos que faciliten a súa participación en actividades de transferencia e intercambio de coñecemento.
O número de prazas é limitado.
Para calquera consulta pode contactar no enderezo electrónico: ignicia.gain@xunta.gal