Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia
28 de Outubro
Título: Curso Horizonte Europa para PEMES con experiencia
Lugar de celebración: on-line
Data de celebración: 28, 29 e 30 de outubro de 2026
A Axencia Galega de Innovación, no marco das súas actividades na rede Enterprise Europe Network – EEN-GALACTEAPLUS 2025-2028, organiza unha nova edición do programa formativo on-line sobre Horizonte Europa dirixido a PEMES galegas.
Esta edición está destinada a PEMES con experiencia previa en programas europeos de I+D+i e terá unha duración total de 12 horas, distribuídas en tres xornadas de 4 horas. A formación impartirase en modalidade on-line síncrona e terá un enfoque práctico e participativo, con exemplos, casos reais e recomendacións operativas orientadas a mellorar a calidade e o impacto das propostas.
Ao longo das tres xornadas abordaranse, entre outros contidos, as novidades e actualizacións de Horizonte Europa, o posicionamento estratéxico e a identificación de oportunidades, estratexias avanzadas para a preparación de propostas, a mellora dos criterios de Excellence, Impact e Implementation, a configuración e xestión de consorcios e os aspectos financeiros e boas prácticas na execución dos proxectos.
O curso dispón de 12 prazas. A admisión realizarase por orde de inscrición, entre as empresas que cumpran os requisitos de participación, ata completar as prazas dispoñibles.
Consideraranse PEMES con experiencia previa aquelas que participasen en tres ou máis proxectos europeos de I+D+i, no marco de Horizonte Europa ou programas equivalentes.
A experiencia deberá acreditarse mediante correo electrónico a galactea.gain@xunta.gal.
As persoas participantes que asistan, como mínimo, ao 75 % das horas lectivas recibirán un certificado de participación.