28
Xul

Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade

Salón de Actos, Porto de Celeiro. Viveiro (Lugo)

Engadir ao calendario

Título: Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade
Data: martes, 28 de xullo de 2026
Horario: de 10.30 a 13.30
Lugar: Salón de Actos, Porto de Celeiro. Viveiro (Lugo). Presencial.

O próximo 28 de xullo terá lugar no Porto de Celeiro a xornada informativa “Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade”, organizada polas entidades galegas que albergan as redes de información e asesoramento ás empresas da Unión Europea en Galicia.

O encontro ten como finalidade presentar os instrumentos e recursos que a Comisión Europea ofrece ás empresas de Galicia, a través da cooperación entre as redes europeas de apoio empresarial e as entidades e institucións do territorio, facilitando o acceso a información, asesoramento e oportunidades en ámbitos clave como a innovación, a internacionalización e a mellora da competitividade.

A xornada incorporará un espazo de reflexión sobre o futuro do mar e da pesca en Europa, que contará coa participación da Conselleira do Mar da Xunta de Galicia.

Programa e Inscrición [obrigatoria e gratuíta]