2
Xul

Focus Group BRITE-EU sobre necesidades de I+D+i en saúde dixital

Online

Engadir ao calendario

Título: Focus Group BRITE-EU sobre necesidades de I+D+i en saúde dixital
Data: xoves 2 de xullo de 2026
Horario: de 10:00 a 11:30 h
Lugar de celebración: Online

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Clúster Saúde de Galicia e a Universidade de Alcalá, organiza un grupo focal no marco do proxecto europeo BRITE-EU (Boosting R&I Talent Interoperability and Employability in Europe), unha iniciativa financiada polo programa Horizon Europe orientada a reforzar o talento, a empregabilidade e a colaboración en investigación e innovación (I+D+i) no ámbito da saúde dixital.

A actividade celebrarase o vindeiro 2 de xullo de 2026, ás 10:00 horas, en formato online, e reunirá representantes do ecosistema galego de innovación e saúde dixital co obxectivo de analizar necesidades, retos e oportunidades para o fortalecemento da I+D+i neste ámbito.

O grupo focal forma parte das actividades de avaliación de necesidades que se están a desenvolver dentro de BRITE-EU e permitirá recoller achegas de persoal investigador, profesionais de xestión e apoio á I+D+i, empresas, entidades sanitarias, administracións públicas e outros axentes relevantes do ecosistema galego.

Durante a sesión abordaranse cuestións relacionadas cos principais desafíos aos que se enfrontan os profesionais da saúde dixital, as necesidades de formación e desenvolvemento profesional, as barreiras e oportunidades para a colaboración entre os distintos actores do ecosistema e posibles recomendacións para reforzar as capacidades de investigación e innovación en Galicia.

As conclusións obtidas contribuirán ao deseño das futuras accións do proxecto BRITE-EU en materia de fortalecemento de capacidades, formación, colaboración e desenvolvemento profesional no ámbito da saúde dixital.

Nos próximos días informaremos sobre a dinámica desta sesión de traballo.