9
Xul

Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido

Hotel AC Palacio del Carmen

Engadir ao calendario

Título: Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido. Políticas, organización e boas prácticas do ecosistema británico.
Data: 9 de xullo de 2026
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Lugar: Hotel AC Palacio del Carmen. Santiago de Compostela

O vindeiro 9 de xullo, a Axencia Galega de Innovación organiza unha nova edición do Foro Ignicia, nesta ocasión baixo o título: “O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido. Políticas, organización e boas prácticas do ecosistema británico”, no Hotel AC Palacio del Carmen de Santiago de Compostela.

Esta xornada reúne a destacados expertos internacionais en transferencia de coñecemento, innovación e valorización da investigación para analizar as políticas, os modelos organizativos e as boas prácticas que están a impulsar o impacto económico e social da ciencia. A través de experiencias de referencia procedentes do Reino Unido, o encontro abordará cuestións clave como o desenvolvemento de políticas de fomento da valorización e da transferencia de coñecemento, a profesionalización da xestión da transferencia, os novos modelos de organización das estruturas de apoio á innovación e o papel das redes de excelencia na xeración de impacto.

No encontro participarán representantes de institucións líderes no ámbito da transferencia e da colaboración universidade-empresa no Reino Unido, entre elas UK Research and Innovation (UKRI), o National Centre for Universities and Business (NCUB), Knowledge Exchange UK (KEUK), o Government Office for Technology Transfer (GOTT), Oxentia e TenU, cuxas experiencias e enfoques contribuirán a enriquecer o debate sobre a innovación e a transferencia de coñecemento na nosa rexión.

O evento contará ademais coa intervención de Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, na apertura do evento, e de Carmen Cotelo, directora da Axencia Galega de Innovación, na súa clausura.
O foro está dirixido a persoal directivo, investigador e xestor de universidades, centros de investigación, organismos públicos e outras entidades do Sistema Galego de I+D+i.

Prégase confirmar a asistencia mediante inscrición no formulario habilitado.