23
Xuñ

Xornada de presentación da Consulta Preliminar de Mercado para o Colisionador de Partículas

IGFAE

Engadir ao calendario

Título: Xornada de presentación da Consulta Preliminar de Mercado para o Colisionador de Partículas
Lugar: IGFAE. Rúa de Xoaquín Díaz de Rábago. Campus Vida (Santiago de Compostela)
Data e hora: 23 de xuño ás 12:00h

Nesta xornada explicarase a Consulta Preliminar de Mercado que acaba de lanzar CDTI para identificar entidades interesadas en participar na fabricación dunha parte do prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN aberta ata o 9 de xullo. Esta consulta, que marca o inicio dun proceso de licitación a través de compra pública innovadora financiada con fondos Feder, supón unha oportunidade estratéxica para situar a Galicia nunha posición destacada dentro dun dos proxectos científicos e tecnolóxicos máis ambiciosos do mundo. Por este motivo, a Xunta anima a empresas e entidades a participar nesta primeira fase de consultas preliminares e establecer un esquema común que permita desenvolver a proposta.

A consulta preliminar diríxese a empresas que, aínda que non traballasen previamente nestas cuestións, conten con capacidades nalgún dos seguintes ámbitos: electromagnetismo (deseño e caracterización de sistemas magnéticos), ultra alto baleiro (deseño de cámaras e recubrimentos especiais), mecánica de precisión, metroloxía e aliñamento (fiducialización e posicionamento preciso), robótica e automatización (sistemas de operación remota), instrumentación e control (sensores e monitorización), simulación avanzada (modelos electromagnéticos, términos, estruturais e hidráulicos) e intregración e validación (cualificación e industrialización de sistemas complexos).