7
Xul

Investigación de Excelencia e Competitividade Científica. O Impacto do Programa Oportunius en Galicia.

Sala Eisenman, Edificio CEM da Cidade da Cultura

Engadir ao calendario

Título: Investigación de Excelencia e Competitividade Científica. O Impacto do Programa Oportunius en Galicia.
Data: 7 de xullo de 2026.
Horario: de 12:30 a 13:45 horas.
Lugar: Sala Eisenman, Edificio CEM da Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.

A Axencia Galega de Innovación celebra o martes 7 de xullo de 2026, na Sala Eisenman do Edificio CEM da Cidade da Cultura de Galicia, o encontro “Investigación de excelencia e competitividade científica. O impacto do Programa Oportunius en Galicia”.

A xornada abordará o papel do Programa Oportunius no impulso da investigación de excelencia en Galicia e a súa contribución á competitividade científica e á transformación do ecosistema galego de I+D+i.

Durante o encontro presentarase o Informe de Impacto do Programa Oportunius 2025 e celebrarase unha mesa redonda con persoal investigador e representantes de centros e universidades arredor do impacto do Programa e da súa contribución na evolución do ecosistema galego de investigación.

O evento contará tamén coa participación institucional de Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e de Carmen Cotelo, directora da Axencia Galega de Innovación.

O encontro está dirixido ao persoal directivo, científico e xestor de universidades, centros de investigación e outras entidades do Sistema Galego de I+D+i.

Prégase confirmar asistencia mediante inscrición no formulario habilitado.