Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido
9 de Xullo
Título: Obradoiro e mentoring sobre avaliación do potencial comercial de tecnoloxías protexidas mediante patente
Programa de Formación e desenvolvemento profesional
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia impulsa esta acción de capacitación sobre avaliación do potencial comercial de tecnoloxías protexidas mediante patente. A iniciativa enmárcase nas actuacións orientadas a reforzar as capacidades de valorización e transferencia de coñecemento do ecosistema galego de innovación, proporcionando un enfoque sistemático para a toma de decisións na xestión de carteiras de patentes.
Está dirixida principalmente ao persoal xestor de transferencia e ao persoal investigador que desenvolve a súa actividade en universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos e outros axentes do ecosistema de innovación de Galicia. Poderase participar a título individual ou en equipo.
O obxectivo desta iniciativa, que combina formación grupal con sesións de titorización, é capacitar ás persoas ou equipos participantes na aplicación dunha metodoloxía que permite analizar, avaliar e priorizar tecnoloxías patentadas en función da súa viabilidade comercial e da súa capacidade para xerar beneficios económicos e competitivos mediante a concesión de licenzas ou a venda.
O número de prazas é limitado.
Para calquera consulta, pode contactar no enderezo electrónico: ignicia.gain@xunta.gal