Foro Ignicia: O modelo de transferencia de coñecemento do Reino Unido
9 de Xullo
Título: Xornada sobre o Observatorio da I+D+i da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Data: martes 2 de xuño de 2026
Horario: de 10:00 a 14:00 h
Lugar de celebración: Edificio Redeiras, Universidade de Vigo (Rúa Ribeira do Berbés, 11, Vigo)
O evento ten como obxectivo reunir actores institucionais, académicos e do sistema de innovación da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal para debater o futuro do Observatorio RIS3T como ferramenta estratéxica de monitorización e apoio á toma de decisións.
O evento contará coa intervención de Dominique Foray, referencia internacional en estratexias de especialización intelixente, que contextualizará o debate e reforzará a ligazón entre o coñecemento científico e as políticas públicas de innovación.
A iniciativa céntrase tamén na definición de indicadores clave, no mapeo do ecosistema de innovación transfronteirizo e na reflexión sobre a dispoñibilidade e utilidade da información para empresas e administracións públicas.