29
Mai

Presentación do Proxecto Quantum Iber IA

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Presentación do Proxecto Quantum_Iber_IA
Data: venres 29 de maio de 2026
Horario: de 10:00 a 11:45 h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

O vindeiro 29 de maio presentaremos na Axencia Galega de Innovación o proxecto europeo Quantum_Iber_IA. Este proxecto está liderado pola Axencia Galega de Innovación e conta tamén coa participación do CESGA, das tres universidades galegas e Feuga,así como tamén con outras entidades de Portugal, Castela, Extremadura e Andalucía.

O seu obxectivo é potenciar as capacidades de investigación e innovación, incentivando o uso compartido e coordinado de infraestruturas como supercomputadores, redes cuánticas ou plataformas de IA xa existentes nos territorios participantes. Entre outras accións, tamén se incentivará a integración destas tecnoloxías en empresas e organismos públicos mediante demostracións adaptadas ás súas necesidades e prestarase especial atención á atracción e retención de talento especializado.