Programa Ignicia - Curso de xestión avanzada dos IPR
27 de Maio
Título: Xestión avanzada dos IPR
Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión da transferencia
Datas: 27 e 28 de maio de 2026
Horario: de 09:30 a 18:45 h (27 de maio) e de 09:15 a 17:15 h (28 de maio)
Lugar de celebración: FEUGA, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n · 15705 Santiago de Compostela
Data límite de inscrición: 18 de maio de 2026 ás 14:00 h
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia impulsa esta nova acción formativa “Xestión avanzada dos IPR” no marco do Programa Ignicia, que busca reforzar as capacidades dos profesionais da transferencia e mellorar a valorización do coñecemento no Sistema Galego de I+D+i.
Este taller presencial, de 14 horas de duración, aborda a aplicación práctica da xestión dos dereitos de propiedade industrial e intelectual (IPR) no contexto de proxectos de I+D+i colaborativa e procesos de transferencia de coñecemento, incluíndo aspectos como a negociación e xestión de acordos con terceiros, así como un amplo abano de estratexias para a protección e explotación de resultados de investigación, con especial atención ao software, ás bases de datos, á intelixencia artificial, ás patentes e ao segredo empresarial.
A formación, que se celebrará os días 27 e 28 de maio, diríxese a persoal técnico e de xestión vinculado á transferencia de coñecemento, así como a profesionais do ámbito da I+D+i con experiencia previa en propiedade industrial e intelectual, e combinará contidos teóricos cun enfoque eminentemente práctico baseado na análise de casos.
Este curso está acreditado pola Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) e proporciona 14 puntos para a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional (RTTP).
O número de prazas é limitado.
Para calquera consulta, pode contactar no enderezo electrónico: ignicia.gain@xunta.gal