Programa Ignicia - Curso de xestión avanzada dos IPR
27 de Maio
Título: Axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2026
Data: 23 de abril de 2026
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Lugar de celebración: Auditorio 1 do Edificio CINC, Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
O Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación e a Axencia Galega de Innovación celebran a xornada anual de presentación das axudas e actuacións de apoio á I+D+i de ambas entidades para 2026.
Farase un repaso polas convocatorias que teñen o prazo de solicitude aberto e polas que se convocarán proximamente, avanzando as principais novidades destas últimas. Entre as convocatorias de CDTI, destacan a convocatoria Neotec, a nova liña de infraestruturas de ensaio e experimentación e Misións Ciencia e Innovación 2026.
Ademais da presentación dos instrumentos de apoio de CDTI, contaremos coa experiencia dunha empresa beneficiaria da convocatoria de recuperación da excelencia Neotec.