Novas convocatorias CL3 Seguridade Civil para a sociedade
16 de Abril
O vindeiro 8 de abril a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación das convocatorias de URBACT e EUROPEAN URBAN INITIATIVE.
URBACT é un programa de cooperación europea que axuda ás cidades a traballar de forma conxunta para encontrar solucións a retos urbáns comúns. Ten por finalidade o intercambio de coñecemento, a aprendizaxe entre cidades e a mellora das políticas urbanas. Pola súa banda, a EUROPEAN URBAN INITIATIVE (EUI) apoia ás cidades na execución da Axenda Urbana da UE. Financia proxectos destinados a innovar, experimentar e desenvolver solucións urbanas sostibles.
A xornada terá lugar no Auditorio 1 CINC, Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n) e contará coa participación de Ana Díez e Lucas Álvarez, Puntos Nacionais de Contacto para URBACT e EUI.