Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade
28 de Xullo
Título: Presentación da convocatoria Ciencia – Empresa 2026
Data: 25 de marzo de 2026
Hora: 12:00h
Formato: presencial
Lugar: Auditorio Xosé Neira Vilas. Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela.
A Axencia Galega de Innovación (Gain) celebra, o próximo 25 de marzo, unha xornada de presentación da nova convocatoria Ciencia-Empresa co obxectivo de dar a coñecer os requisitos e características da mesma, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.
Esta convocatoria vai dirixida a apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das pequenas e medianas empresas galegas, que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado.
Pódese atopar información máis detallada no programa adxunto.