10
Mar

Da ciencia ao mercado: presentación dos proxectos Ignicia proba de concepto 2025

Edificio Fontán (Cidade da Cultura)

Engadir ao calendario

Título: Da ciencia ao mercado: presentación dos proxectos Ignicia proba de concepto 2025
Data: 10 de marzo de 2026
Hora: 10:30h
Formato: presencial
Lugar: Sala de Eventos, Edificio Fontán. Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) realiza, o próximo 10 de marzo, unha xornada sobre o Programa Ignicia Proba de Concepto co obxectivo de dar a coñecer as dúas novas spin-offs de Gradiant creadas ao abeiro do programa, KIUR e DOKKEN, e os nove proxectos seleccionados na convocatoria 2025. Ademais, contarase coa intervención de Xesgalicia e Unirisco para falar da captación de investimento en proxectos tecnolóxicos. Por último, propiciarase un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Poden atopar información máis detallada no programa achegado.

Para calquera pregunta, pode poñerse en contacto connosco a través do correo electrónico servizos.gain@xunta.gal ou nos teléfonos 981 541 076 / 981 541 079.