Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
17 de Marzo
Título: Taller de preparación de propostas ERC 2026-2027 (Programa OPORTUNIUS)
Data: 12 de marzo de 2026
Horario: de 10:00h a 18:00h
Lugar: FEUGA – Fundación Empresa Universidad Gallega. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela
Idioma de impartición: inglés
Data límite de inscrición: 6 de marzo de 2026
A Axencia Galega de Innovación, mediante o Programa Oportunius, apoia a participación de investigadores vinculados a host institutions galegas nas convocatorias do European Research Council (ERC).
Oportunius ofrece servizos de asesoramento e revisión de propostas a potenciais candidatos e organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas dirixidos a persoal investigador vinculado ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC e aos institutos de investigación sanitaria.
O vindeiro 12 de marzo celebrarase un novo taller presencial que ten como obxectivo familiarizar aos participantes coas convocatorias do European Research Council (ERC), integradas no Pilar I do Programa Horizonte Europa, e proporcionar consellos e mellores prácticas para preparar propostas altamente competitivas.
O taller será impartido por Stewe Bekk e Malte Beringer, expertos cunha dilatada traxectoria na preparación e asesoramento de propostas ao ERC. Tamén contaremos coa participación dun gañador ERC en Galicia que compartirá cos asistentes a súa experiencia na preparación da súa proposta gañadora.
O número de prazas é limitado.
Para calquera consulta pódese contactar no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal