11
Mar

Xornada INNOGLOBAL FEDER 2026

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Xornada INNOGLOBAL FEDER 2026
Data: mércores 11 de marzo de 2026
Horario: de 10:00 a 12:00 h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

O vindeiro 11 de marzo, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizará unha xornada informativa centrada na Convocatoria de Subvención INNOGLOBAL FEDER 2026, dirixida a impulsar a cooperación tecnolóxica internacional e a participación de entidades en programas de I+D+i de ámbito internacional.

A xornada celebrarase en formato unicamente presencial e contará coa participación de persoal experto do CDTI, que presentará as distintas modalidades de cooperación tecnolóxica internacional, as oportunidades de colaboración en contornas de Big Science e, de maneira específica, os principais aspectos da convocatoria INNOGLOBAL FEDER 2026.