Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
17 de Marzo
Título: Science for Industry
Data: mércores 28 e xoves 29 de xaneiro de 2026
Horario: de 09:30 a 18:00 h
Lugar de celebración: La Nave, Madrid (C. Cifuentes, 5, 28021, Madrid)
Unha delegación galega encabezada pola Axencia Galega de Innovación e formada por máis de 70 persoas dunha trintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i participará os vindeiros 28 e 29 de xaneiro na IV edición da feira internacional Science for Industry-S4i en Madrid.
O stand institucional da Xunta de Galicia acollerá ás universidades, centros tecnolóxicos, clústeres, fundacións, entidades de capital risco, aceleradoras e start-ups galegas co obxectivo de identificar oportunidades de negocio e favorecer a transferencia ao mercado dos proxectos de investigación orientados á industria desenvolvidos no ecosistema galego de I+D+i.
Máis información sobre Science for Industry dispoñible nesta ligazón.