RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: Cara a transformación municipal: plans locais de I+D+i
Data: martes 16 de decembro de 2025
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Lugar de celebración: Salón de convencións, Edificio CINC. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
O ámbito local será, nos próximos anos, unha prioridade para o desenvolvemento da innovación en Galicia. Neste contexto, o impulso de plans locais de I+D+i adquirirá un papel estratéxico, coa finalidade de conectar as necesidades reais dos concellos, en colaboración tamén cos diferentes departamentos da Xunta, con solucións que permitan mellorar os servizos públicos, modernizar as administracións municipais e xerar un impacto sostible no territorio. Para a consecución destes obxectivos, promoverase a colaboración entre administracións, empresas, centros de coñecemento e sociedade.
Neste contexto, celebraremos esta xornada na que afondaremos en diversas experiencias desenvolvidas no ámbito municipal e compartiremos a folla de ruta para impulsar o desenvolvemento de plans de I+D+i nas entidades locais, co obxectivo de analizar as oportunidades que ofrece o impulso da innovación local.