18
Nov

Curso Horizonte Europa para pemes con experiencia

On line

Engadir ao calendario

Título: Curso Horizonte Europa para pemes con experiencia
Lugar de celebración: on line
Data de celebración: do 18 ao 26 de novembro de 2025 (en horario de 10h a 12h e de 10h a 14h)

A Axencia Galega de Innovación, dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, pon en marcha o próximo 18 de novembro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa.

Este programa formativo on-line consta dun curso dirixido a pemes con experiencia na participación no programa Horizonte Europa (15 horas). Ademais aquelas pemes que teñan unha idea de proxecto poderán recibir unha titorización online de 30 minutos de duración previa remisión da súa idea de proxecto.

Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado.

A selección das entidades realizarase en base á información desta ficha de selección (zip) a cal debe enviarse, unha vez feita a pre-inscrición, ao correo galactea.gain@xunta.gal.