Título: Infoday convocatorias CL6, CL5 (parte de clima), CBE JUz e PRIMA de Horizonte Europa
Data: xoves 20 de novembro de 2025
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)
O vindeiro 20 de novembro, a Axencia Galega de Innovación organizan unha xornada de presentación das convocatorias do Clúster 6, Clúster 5 (parte de Clima), CBE JU e PRIMA do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026.
A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Marta Conde, Punto Nacional de Contacto do CDTI para estas convocatorias, que ademais de presentalas en detalle manterá reunións bilaterais coas entidades interesadas.
Os contidos que se tratarán en detalle son os seguintes:
- Clúster 6: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente. Ten por obxectivo reducir a degradacións do medio ambiente, a perda de biodiversidade, así como mellorar a xestión dos recursos naturais. Ademais, financia proxectos relacionados coa seguridade alimentaria e a transición a unha economía circular, eficiente en recursos e sostible.
- Clúster 5: Clima. Se ben inclúe convocatorias de Clima, Enerxía e Mobilidade, está sesión estará centrada unicamente na primeira das temáticas. A través das convocatorias de Clima pódense financiar proxectos na loita e adaptación ao cambio climático.
- CBE JU: Circular Bio-based Europe Joint Undertaking. Financia proxectos de investigación e innovación que teñan por finalidade apoiar solucións sostibles de base biolóxica, afrontando os retos tecnolóxicos, regulamentarios e comerciais relacionados coa bioeconomía.
- PRIMA: Partnership for Research and Innovation in the Mediterranean Area. Trátase dun programa conxunto entre estados membro da Unión Europea e países mediterráneos que busca afrontar os retos comúns, especialmente os relacionados coa xestión da auga, agricultura e alimentación e cambio climático.