30
Set

Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica

Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC)

Engadir ao calendario

Título: Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica
Data: martes 30 de setembro de 2025
Horario: de 10:00 a 13:30 h
Lugar de celebración: Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), Rúa Valle Inclán, 2 Santiago de Compostela

O vindeiro 30 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela un novo foro sobre os ecosistemas de I+D+i en cuántica. Este evento, que leva por título “Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica”, reunirá en Galicia a expertos e entidades relacionadas con este eido a nivel nacional e internacional. O encontro enmárcase no proxecto Quorum, financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), e no Ano Internacional da Ciencia e da Tecnoloxía Cuántica.

O encontro está dirixido a toda persoa ou entidade vencellada ás tecnoloxías cuánticas. Nel presentarase unha actualización do mapa de capacidades de tecnoloxías cuánticas en Galicia, que fixemos público en decembro do ano pasado e que constitúe unha guía dos recursos humanos e dos equipamentos da nosa Comunidade neste ámbito.