RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: Financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías duais para a Seguridade e a Defensa
Data: martes 16 de setembro de 2025
Horario: de 09:30 a 11:30 h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)
A Axencia Galega de Innovación organiza, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), unha xornada informativa sobre las oportunidades de financiamento para proyectos de I+D+i de tecnoloxías de dobre uso, civil e militar, con aplicación nos ámbitos da seguridade e a defensa.
Nela, un representante de CDTI detallará os instrumentos que esta entidade pon a disposición das empresas innovadoras para impulsar este tipo de tecnoloxías estratéxicas. Pola súa banda, un representante da consellería de Economía e Industria presentará a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo da Xunta de Galicia. Por último, celebrarase unha mesa redonda sobre as oportunidades en I+D+i en tecnoloxías duais con representantes de empresas e centros tecnolóxicos con experiencia neste campo.