26
Set

Curso Presencial: Transferencia de coñecemento e interacción co sistema de I+D+i

FEUGA

Engadir ao calendario

Título: Transferencia de Coñecemento e Interacción co Sistema de I+D+i
Data: venres 26 de setembro, 3 e 10 de outubro de 2025
Horario: sesións de mañá de 09:30 a 15:00h – días 26 de setembro e 10 de outubro- e de 09:30 a 14:00h -día 3 de outubro
Lugar de celebración: FEUGA, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Data límite de inscrición: 17 de setembro de 2025 ás 14:00 h

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia organiza unha nova edición do curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i». Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, dentro das actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa colaboración e financiamento de actividades I+D+i, a valorización do coñecemento e a comercialización de resultados da investigación.

O curso está dirixido a persoal investigador posdoutoral e contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos centros tecnolóxicos. O seu obxectivo é realizar unha aproximación á situación do Sistema Galego de Innovación e presentar as diferentes opcións dispoñibles para facilitar e mellorar a interacción entre o sistema científico e o tecido socioeconómico e produtivo.

Cunha duración total de 15,5 horas, esta formación gratuíta desenvolverase en tres sesións presenciais e buscará incentivar a participación da comunidade investigadora en actividades de intercambio de coñecemento.

O número de prazas é limitado.

Para calquera consulta pode contactar no enderezo electrónico ignicia.gain@xunta.gal

Programa do curso (pdf)

Formulario de inscrición (aberto ata o 17 de setembro de 2025 ás 14:00 h)