11
Set

Ourense: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1, Ourense)

Engadir ao calendario

Título: Ourense: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos
Data: xoves, 11 de setembro de 2025
Horario: de 11:00 a 12:15 h
Lugar de celebración: Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1, Ourense)

Co obxectivo de resolver as últimas dúbidas e explicar dun xeito práctico como presentar solicitude á nova convocatoria Nexos, celebraremos un ciclo de obradoiros a comezos do mes de setembro nas catro provincias galegas, en colaboración coas confederacións de empresarios.

Esta liña de axudas, dotada con 28 millóns de euros, apoia proxectos de I+D+i colaborativos entre empresas, coa colaboración de centros de coñecemento.