8
Xul

Financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías duais para a Seguridade e a Defensa

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías duais para a Seguridade e a Defensa
Data: 8 de xullo de 2025
Horario: de 09:30 a 11:00h
Lugar de celebración: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n (15702 Santiago de Compostela)

A Axencia Galega de Innovación organiza, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), unha xornada informativa sobre as oportunidades de financiamento de tecnoloxías de dobre uso, civil e militar, con aplicación nos ámbitos da seguridade e a defensa.

Nela, un representante de CDTI detallará os instrumentos que esta entidade pon a disposición das empresas innovadoras para impulsar este tipo de tecnoloxías estratéxicas.