11
Xuñ

Novas convocatorias de Horizonte Europa en 2025 – Cluster 4 Dixital e Industria

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Novas convocatorias de Horizonte Europa en 2025 – Cluster 4 Dixital e Industria
Data: 11 de xuño de 2025
Horario: de 10:30h a 12:00h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación organiza unha nova xornada sobre as convocatorias do CL4 de Horizonte Europa sobre dixitalización e industria. Nesta xornada explicaranse as novidades que presenta o novo Programa de Traballo do CL4, o cal ofrece financiamento para proxectos que impulsan a competitividade tecnolóxica e industrial, promovendo a transformación dixital, a fabricación avanzada ou a incorporación de solucións con intelixencia artificial.

Contaremos coa participación de Enrique Pelayo e Carlos Toledo, Puntos Nacionais de Contacto do CDTI para convocatorias sobre dixitalización e industria respectivamente, que ademáis de presentar as convocatorias estarán dispoñibles para reunións bilaterais coas entidades interesadas en realizar consultas particulares.