16
Xuñ

Novas convocatorias Horizonte Europa: CL6, CL5-Clima, CBE e PRIMA

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Novas convocatorias Horizonte Europa: CL6, CL5-Clima, CBE e PRIMA
Data: 16 de xuño
Horario: de 10:00h a 13:00h
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

O próximo 16 de xuño na sede da Axencia Galega de Innovación, organizamos unha nova xornada do Ciclo Europa, neste caso sobre as novas convocatorias do Cluster 5 (clima) e Cluster 6 (alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente) de Horizonte Europa. Ademáis, tamén se tratarán as oportunidades e características das vindeiras convocatorias de CBE JU 2025 (economía circular), PRIMA (Asociación para a Investigación e a Innovación na Área Mediterránea) e EU Missions (clima, océanos e augas e solos).

Contaremos coa participación de Marta Conde, Punto Nacional de Contacto do CDTI, que ademáis de presentar as convocatorias estará dispoñible para reunións bilaterais coas entidades interesadas en realizar consultas particulares. Na xornada tamén se analizarán as grandes oportunidades que estas convocatorias ofrecen para a posta en marcha de iniciativas de colaboración entre administracións públicas e outras entidades.