RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: Avaliación intermedia da RIS3 2021-2027 e definición das novas Misións
Data: 27 de maio
Horario: de 9:00h a 14:30h
Lugar: Edificio Fontán. Sala 9. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
Prazo de inscrición: 23 de maio
Celebramos as mesas de avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, co obxectivo de valorar conxuntamente co ecosistema galego de I+D+i a implementación da estratexia, os seus instrumentos e apoios.
Ademais, tamén recolleremos información para identificar as novas Misións RIS3, así como para definir a nova convocatoria 2026 desta liña de axudas.
A participación na avaliación artellarase arredor de 3 mesas de traballo, cada unha centrada nun dos retos da RIS3. No formulario de inscrición debes especificar a mesa ou mesas nas que desexas participar.