15
Mai

Convocatorias Horizonte Europa para seguridade civil

Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria, Porto de Vigo. Peirao de Transatlánticos, Vigo

Engadir ao calendario

Título: Convocatorias Horizonte Europa para seguridade civil
Data: 15 de maio de 2025
Horario: de 10:00h a 14:00h
Lugar: Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria, Porto de Vigo. Peirao de Transatlánticos, Vigo

O 15 de maio, no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo, a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación das convocatorias en materia de seguridade encadradas no Cluster 3 do Programa Horizonte Europa (HE).

Estas convocatorias financiarán unha ampla variedade de actividades, que inclúen o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas (xestión e tratamento de datos, ciberseguridade, robótica, infraestruturas dixitais, IoT, etc), loxísticas, enerxéticas (mobilidade, eficiencia) ou baseadas en drons, así como a posta en marcha de novas prácticas de comunicación, o deseño de materiais e infraestruturas (industriais e urbanas) ou o tratamento de residuos especiais. A aplicación destes desenvolvementos debe centrarse na seguridade civil, a resposta a desastres naturais, a mellora da convivencia social ou a loita contra o terrorismo e outras ameazas.

A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Marina Martínez García, Punto Nacional de Contacto do CDTI para o Cluster 3 de HE. Durante a sesión tamén se presentarán casos de éxito de exemplos de proxectos galegos que xa foron financiados en convocatorias anteriores do Cluster 3.