RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: Financiamento da I+D+i: axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2025
Data: 5 de maio de 2025
Horario: de 10:00h a 12:00h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
Xornada anual de presentación das axudas e actuacións de apoio á I+D+i do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación e da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia. En concreto, presentarase a nova convocatoria Innterconecta-Step, que ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 19 de maio, e que está dirixida a financiar proxectos de I+D en cooperación, liderados por empresas, desenvoltos nun dos ámbitos tecnolóxicos STEP: as tecnoloxías dixitais; as tecnoloxías limpas e a biotecnoloxía.
Haberá tamén unha quenda de consultas para aclarar as dúbidas que xurdan.