20
Mai

Innoglobal FEDER - Convocatorias de apoio á I+D+i e á cooperación internacional

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Innoglobal FEDER – Convocatorias de apoio á I+D+i e á cooperación internacional
Data: 20 de maio de 2025
Horario: de 10:00h a 12:00h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI) e a Rede Enterprise Europe Network (EEN), organizan unha xornada informativa para presentar en Galicia a convocatoria FEDER Innoglobal 2025. Esta convocatoria ten como obxectivo fomentar a colaboración tecnolóxica internacional no ámbito da investigación e o desenvolvemento (I+D). Busca apoiar ás empresas no seu esforzo por realizar I+D e competir a nivel global.

Na xornada presentaranse, en primeiro lugar, os programas que xestiona CDTI para a cooperación tecnolóxica internacional, pasando posteriormente a presentar a convocatoria de subvencións FEDER Innoglobal 2025. A continuación, empresas galegas beneficiarios destes programas presentarán a súa experiencia de financiamento en convocatorias previas. Finalmente, presentaranse os servizos de apoio da rede Enterprise Europe Network no marco dos proxectos de cooperación tecnolóxica internacional.

A xornada está dirixida a todos os axentes do ecosistema, especialmente ás empresas.

No formulario de inscrición, ofrécese a posibilidade de solicitar unha reunión bilateral coas persoas expertas.