Título: Obradoiros de traballo dos retos técnicos das Consultas Preliminares ao Mercado dos proxectos de CPI da Xunta
Data: 22, 23 e 24 de abril de 2025
Lugar: online
No marco da Línea FID 2025 do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, diferentes consellerías e entidades da Xunta de Galicia organizan unha serie de obradoiros virtuais sobre as súas Consultas Preliminares ao Mercado (CPM) de seis proxectos de Compra Pública de Innovación (CPI), susceptibles de ser cofinanciados con fondos FEDER.
Estes obradoiros, cunha duración aproximada dunha hora, celebraranse en formato virtual e están dirixidos a entidades interesadas en coñecer máis en detalle os retos tecnolóxicos identificados e participar activamente neste proceso de diálogo co mercado.
Durante a sesión presentarase brevemente o contexto e os retos de cada proxecto, explicarase como cubrir os cuestionarios da CPM e que tipo de información se busca recoller. Ademais, reservarase un espazo amplo para preguntas, comentarios e achegas por parte das entidades participantes.
Obradoiros programados por proxecto:
- Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) – NeoLab-3: Creación dun laboratorio intelixente con simulación e análise en tempo real, e dun mapa dixital de solos para mellorar a planificación agraria e anticipar riscos. Mércores 23 de abril – 12:00 h.
- Consellería do Mar – MaruxIA: Plataforma intelixente para a simulación de poboacións virtuais de mariscos bivalvos e estudo dos efectos do cambio climático nas rías galegas. Martes 22 de abril – 13:00 h.
- Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional – XenIAGal FP: Plataforma dixital integral que incorpora intelixencia artificial xenerativa, simulacións inmersivas e analítica avanzada de datos. O proxecto busca flexibilización acorde aos cambios tecnolóxicos dos sectores produtivos, reforzar a orientación profesional baseada en datos e mellorar a planificación da oferta formativa e do aprendizaxe, cun modelo máis flexible, conectado co tecido produtivo e adaptado aos retos da economía dixital. Mércores 23 de abril – 10:00 h.
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración – Emprego 360º: Plataforma para integrar e analizar datos de emprego e mellorar a planificación, a atención ás persoas usuarias e a eficacia das políticas públicas. Mércores 23 de abril – 11:00 h.
- Augas de Galicia – RegoSat: Sistema intelixente de monitorización global para a xestión eficiente dos ríos mediante tecnoloxías satelitais, sensórica terrestre e novas tecnoloxías. Mércores 23 de abril – 10:00 h.
- Consellería de Política Social e Igualdade – SIRA: Plataforma para a detección temperá e avaliación personalizada da soidade non desexada en persoas maiores. Xoves 24 de abril – 10:00 h.