21
Abr

Presentación da convocatoria do Programa Ignicia. Proba de Concepto

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Presentación da convocatoria do Programa Ignicia. Proba de Concepto
Data: 21 de abril de 2025
Lugar: Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo. 15702, Santiago de Compostela)
Hora: 10:00h a 11:30h

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o próximo 21 de abril unha xornada para presentar a nova convocatoria do Programa Ignicia Proba de Concepto.

O obxectivo desta xornada é presentar a nova convocatoria e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características da mesma, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Tamén contaremos nesta xornada con casos de éxito de beneficiarios desta convocatoria de axudas, que compartirán as súas experiencias.