4
Abr

Consultas Preliminares ao Mercado dos proxectos aspirantes á liña FID 2025

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Consultas Preliminares ao Mercado dos proxectos aspirantes á liña FID 2025
Data: 4 de abril de 2025
Horario: de 10:00h a 13:30h
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

Xornada Institucional de presentación das Consultas Preliminares ao Mercado dos sete proxectos da Xunta de Galicia aspirantes á convocatoria 2025 da liña de Fomento da Innovación dende a Demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

O obxectivo é coñecer, por parte dos operadores de mercado, o grao de desenvolvemento de determinadas tecnoloxías para poder definir adecuadamente a potencial futura licitación de Compra Pública Innovadora, así como informar dos próximos pasos e dos requisitos que se esixirán na potencial futura licitación.