2
Abr

Presentación do Plan Galego de Investigación e Innovación 2025 -2027

Cidade da Cultura

Engadir ao calendario

Título: Presentación do Plan Galego de Investigación e Innovación 2025 -2027
Data: 2 de abril de 2025
Horario: de 12:00h a 13:00h
Lugar: Museo da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela

O vindeiro 2 de abril celebramos na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela o acto de presentación do novo Plan galego de investigación e innovación, dotado con 1.310 millóns de euros para o periodo 2025-2027. No evento intervirán o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo e presentaranse as principais novidades e prioridades desta folla de ruta da política de investigación e innovación para o trienio 25-27. O acto terá lugar no Museo Centro Gaiás de 12 a 13 horas.

A asistencia é libre, previa inscrición.