21
Mar

Oportunidades en Horizonte Europa para entidades do ámbito da comunicación, difusión e márketing

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Oportunidades en Horizonte Europa para entidades do ámbito da comunicación, difusión e márketing
Data: 21 de marzo de 2025
Horario: de 09:45h a 12:30h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela

O vindeiro 21 de marzo a Axencia Galega de Innovación organiza, no marco do programa PEMEuropa, un evento de presentación sobre as moitas oportunidades de participación das entidades dedicadas á comunicación, marketing e divulgación en proxectos Horizonte Europa, que este ano concederá arredor de 7.000 M€ en subvencións.

Todo proxecto financiado polo programa Horizonte Europa debe conter obrigatoriamente un plan e actividades de comunicación e divulgación de resultados, nos que a aportación dunha entidade dedicada a estos ámbitos pode xogar un papel moi relevante. Ademáis, moitos proxectos precisan de estratexias e campañas de comunicación para acadar os seus resultados, como, entre outros, os que se centran en saúde, no desenvolvemento de solucións de intelixencia artifical ou na promoción da conservación do medio ambiente.