1
Abr

Presentación de Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA de Horizonte Europa

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Presentación de Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA de Horizonte Europa
Data: 1 de abril de 2025
Horario: de 10:00h a 14:00h
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación sobre as convocatorias para 2025 do Cluster 2 de Horizonte Europa e do programa WIDERA.

A sesión estará organizada en dous bloques. Un primerio no que se introducirá o Cluster 2 do programa marco sobre cultura, patrimonio, creatividade e sociedade inclusiva e se presentarán as convocatorias dispoñibles para este 2025. No segundo bloque presentaranse as convocatorias WIDERA, widening participaton and stregthening the European Research Area, para 2025. O principal obxectivo destas convocatorias é promover a excelencia e difusión dos sistemas de investigación e innovación en Europa, favorecendo que a UE avance de forma conxunta neste ámbito.

A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n) e contará coa participación de Adeline Marcos, Aida Díaz e Mar Mesas, Puntos Nacionais de Contacto para o Cluster 2 e WIDERA, que ademais de presentalas estarán dispoñibles para manter reunións bilaterias coas entidades interesadas.