29
Xan

Xornada de presentación das convocatorias do European Innovation Council (EIC) en 2025

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Presentación das convocatorias do European Innovation Council (EIC) en 2025
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
Data: 29/01/25
Hora: 10.00 h

Nesta xornada presentaranse os instrumentos de financiamento do Consello Europeo de Innovación, a entidade de Horizonte Europa que financia todo tipo de innovación: o EIC Accelerator, o EIC Pathfinder e o EIC Transition.

O acelerador e o explorador teñen como obxectivo identificar, desenvolver e implementar innovacións de alto risco de todo tipo, cubrindo toda a cadea da innovación e ofrecendo apoio a beneficiarios únicos (principalmente pemes) e consorcios multidisciplinares. Pola súa banda, o programa EIC Transition céntrase en actividades de innovación que van máis aló da proba experimental dun concepto no laboratorio, apoiando tanto a maduración como a validación de tecnoloxías novas desde o laboratorio ata as contornas de aplicación pertinentes.

Para explicar estes instrumentos contaremos cos Puntos Nacionais de Contacto de cada un deles, Luis Guerra, Marta Marín e Marta Herrero, que ademais manterán reunións bilaterais con aquelas entidades interesadas, e exporanse casos de éxito de entidades e investigadores galegos que acadaron estas axudas.