16
Xan

Partenariados Horizonte Europa

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Partenariados Horizonte Europa
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
Data: 16/01/25
Hora: 10.00 h

A Axencia Galega de Innovación continúa en 2025 coa organización de xornadas informativas para achegar o programa Horizonte Europa ás empresas e axentes galegos. Con este fin, o 16 de xaneiro terá lugar unha xornada sobre as novas convocatorias e outras novidades dos Partenariados Horizonte Europa previstas para 2025.

Os Partenariados europeos están impulsados por axencias nacionais e rexionais que financian I+D+I e xorden para dar resposta a obxectivos específicos e complexos que non poden ser afrontados a través doutros programas europeos e nacionais. Nesta xornada, explicaranse en detalle as convocatorias abertas neste momento e tamén se avanzará na compresión das convocatorias previstas para o 2025.

Como condutor da xornada, contaremos coa participación de Héctor González, Punto Nacional de Contacto do CDTI para os Partenariados HE, que ademais de presentar o programa manterá reunións bilaterias coas entidades interesadas.