13
Dec

Foro RIS3T

Casa das Artes (Arcos de Valdevez, Portugal)

Engadir ao calendario

Título: Foro RIS3T
Data: 13 de decembro de 2024
Lugar: Casa das Artes (Arcos de Valdevez, Portugal). Mapa

Finalizado o proceso de actualización da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal para 2021-27 (RIS3T), a Axencia Galega de Innovación, xunto coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR Norte) e o Grupo Europeo de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP-AECT), presentan a RIS3T actualizada e abren o debate sobre os retos e prioridades da especialización intelixente na Eurorrexión.

A RIS3T 2021-2027, ten como obxectivo promover un enfoque coordinado na Eurorrexión que permita unha maior efectividade e impacto das políticas de innovación, concretamente a través do aumento da produción científica, tecnolóxica e empresarial, o reforzo das sinerxías e complementariedades entre as distintas fontes de financiamento, así como unha maior captación de fondos europeos en materia de I+D+I.

As persoas interesadas en participar, poden consultar o programa e inscribirse xa a través do seguinte enlace de inscrición.

Enlace ao programa do evento (pdf).