RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: 1º Encontro de persoal investigador de Galicia en tecnoloxías cuánticas
Data: 04 de decembro de 2024
Horario: 11:30 a 14:00 horas
Lugar: Auditorio 1, Edificio CINC, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
O vindeiro mércores 4 de decembro celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela o 1º Encontro de persoal investigador de Galicia en tecnoloxías cuánticas, un evento que pretende ser un punto de encontro para o persoal investigador que traballa nesta materia na nosa comunidade e crear sinerxias entre este e os organismos de investigación. Ademais, presentarase o Mapa de capacidades en tecnoloxías cuánticas de Galicia.
O evento está dirixido ao persoal investigador e entidades vencellados ao campo das tecnoloxías cuánticas. Aqueles grupos de investigación interesados poderán presentar as súas principais liñas de traballo nesta materia. Para elo, deben indicalo expresamente no formulario de rexistro e facilitaráselle un patrón de diapositivas común.
Programa e inscrición: http://xornadas.galiciainnovacion.es/EncontroTecnoloxiasCuanticas/