21
Nov

IV Encontro Oportunius

Hall do Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela

Engadir ao calendario

Título: IV Encontro Oportunius
Data: 21 de novembro de 2024
Horario: 10:30 a 13:00 horas
Lugar: Hall do Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela

A Axencia Galega de Innovación celebra o 21 de novembro na Cidade da Cultura o IV Encontro Oportunius, o evento anual de referencia do programa da Xunta de Galicia que ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso a elas.

O encontro permitirá coñecer:

- O posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC.

- A experiencia de investigadores e investigadoras que xa accederon ou están en vías de acceder a axudas ERC grazas ao apoio do programa Oportunius, o que permitirá tamén avaliar o impacto deste programa no Sistema de Innovación de Galicia.

- Novos instrumentos de apoio á carreira científica e novas fórmulas de xeración de impacto dende a ciencia.

- A perspectiva das asociacións de científicos e científicas sobre a atracción e o retorno de talento.

O evento está dirixido a todo o persoal directivo, científico e xestor de universidades, centros de investigación e outras entidades do Sistema Galego de I+D con interese en coñecer os proxectos ERC de Galicia e os apoios do programa Oportunius.