12
Nov

Xornada de impulso a novos proxectos Horizonte Europa - convocatorias 2025

Sede da Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Título: Xornada de impulso a novos proxectos Horizonte Europa – convocatorias 2025
Data: 12 de novembro de 2024
Horario: 09:30 a 13:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

No marco do Programa PEMEuropa, o cal ten por obxectivo fomentar a participación do ecosistema galego en programas europeos de I+D+i, a Axencia Galega de Innovación organiza na súa sede o vindeiro 12 de novembro, unha xornada destinada a promover o acercamento entre empresas e axentes de I+D+i para facilitar colaboracións estratéxicas que fomenten a participación galega nas próximas convocatorias de 2025 de Horizonte Europa.