RIS3 Galicia 2021 – 2027: revisión dos ámbitos de priorización da estratexia
9 de Abril
Título: Sesión Informativa: “Webinar: A carreira investigadora en España”
Data: 1 de outubro de 2024
Horario: 17:30 a 18:30 horas
Modalidade: online
O próximo martes 1 de outubro celebrarase en formato webinar a Xornada Informativa “A carreira investigadora en España” organizada por CONNECTS-UK e impartida pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), a Axencia Galega de Innovación e EURAXESS.
CONNECTS-UK é unha plataforma colaborativa creada en 2022 polas diásporas científicas de Finlandia, Francia, Italia, Polonia, Portugal, Países Baixos e España no Reino Unido, xunto con Native Scientists.
Nesta sesión intervirá a Dra. Elisa García García, Responsable de Proxectos en FECYT e Formadora e Orientadora de Carreira en EURAXESS-España, que presentará a carreira investigadora en España e, en particular, o funcionamento das Universidades Españolas e das OPIs, abordando conceptos clave como a certificación R3, ANECA e as posibilidades de estabilización laboral no país.
Ademais, contará coa participación de María José Mariño Fontenla, Directora da Área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, que presentará o esquema de apoios dirixido ao persoal investigador que ofrece o Programa Oportunius.
Pode consultar aquí toda a información do programa. Para inscribirse, cubra o formulario nesta ligazón. Só as persoas previamente inscritas poderán asistir ao webinar.